Home Programas Área Compostela O BNG lamenta a “opacidade” da revisión do Plan Especial da Cidade Histórica

O BNG lamenta a “opacidade” da revisión do Plan Especial da Cidade Histórica

0
O BNG lamenta a “opacidade” da revisión do Plan Especial da Cidade Histórica

Rubén Cela, voceiro do grupo municipal do BNG, cre que aínda hai “moitos debates pendentes” acerca da revisión deste plan estratéxico para Compostela. O concelleiro nacionalista lamenta a “opacidade” coa que, asegura, o goberno municipal xestiona este proxecto.

Cela advirte que “non se cumpren cos prazos”

O Bloque lembra que este mes de febreiro se cumpriron tres anos da sinatura do contrato asinado polo goberno do Partido Popular que, a día de hoxe, “non está cumprindo os prazos”, xa que en agosto de 2017 debería terse entregado unha proposta definitiva á corporación municipal.