Home Programas Espazo Aberto O BNG formaliza a petición á Eurocámara para que investigue en Galicia o impacto da megaminería

O BNG formaliza a petición á Eurocámara para que investigue en Galicia o impacto da megaminería

0
O BNG formaliza a petición á Eurocámara para que investigue en Galicia o impacto da megaminería

A portavoz do BNG en Europa presentou formalmente ante a Comisión de Peticións da Eurocámara para que solicite unha misión oficial a Galicia que investigue as diversas denuncias contra a megaminería contaminante que se tramitan no Parlamento Europeo. A petición, realizada de urxencia a través do grupo Verdes-Ale-, pide que se leve a cabo esta misión oficial co obxetivo de que coñezan in situ as instalacións e as consecuencias que ten a posible reapertura desta mina aberta a ceo aberto tanto desde o punto de vista medioambiental como desde o punto de vista económico e social.

Na sesión da Comisión de Peticións do pasado 12 de novembro, presentáronse tres denuncias sobre a mina de Touro, e previamente sobre a mina de San Finx en Lousame, por representantes da Plataforma veciñal Mina de Touro O Pino NON, Cova Crea e Petón do Lobo. Ese día, a organización dunha misión de investigación a Galiza foi defendida tanto pola vicepresidenta da Comisión de Peticións, Tatjana Zdanoka, como polas eurodeputadas Magrette Auken e Diana Riba. ”Este respaldo dos diferentes grupos é fundamental para que as denuncias quedaran abertas e a Comisión de Peticións tome estes asuntos en consideracións”, explica Ana Miranda.

“O Goberno galego estase saltando o cumprimento da normativa europea e por iso precisamos unha misión de investigación europea, como a das Rías de 2013”, salienta Miranda, lembrando así mesmo o papel da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo na denuncia contra a apertura da mina de Corcoesto.