Nós Televisión achegouse a clásica manifestación do BNG do 25 de Xullo, Día da Patria galega. Segundo a organización nacionalista, 15.000 persoas encheron a Praza da Quintana nun acto final no que intervíu Ana Pontón, Portavoz Nacional e candidata do Bloque á Presidencia da Xunta de Galiza.
“Derrotar á dereita non chega” afirmou a dirixente do Bloque que fixo un chamamento ao electorado nacionalista para botar a Feijóo nas eleccións deste vindeiro outono e “darlle un cambio a este país”