As consecuencias do temporal tamén chegaron ao Pazo de Raxoi. O portavoz do BNG en Raxoi, Rubén Cela, anunciou en rolda de prensa que a organización nacionalista presentará unha moción no vindeiro Pleno municipal ordinario cunha serie de medidas para esixirlle responsabilidades ás compañías eléctricas subministradoras. O voceiro do Bloque pretende, así, paliar os danos causados polos temporais dos últimos días.
O @bngcompostela solicitará no Pleno Municipal medidas para esixirlles responsabilidades ás compañías eléctricas https://t.co/YuGBE8IPYu pic.twitter.com/MqjUwj6CY2
— Nós Televisión (@NosTelevision) 08 febreiro 2017
Rubén Cela criticou a actuación das compañías eléctricas que xestionan os servizos no municipio e denunciou unhas actuacións que, en palabras do nacionalista, crea “trastornos á cidadanía“. Desde o BNG tamén solicitarán que o Concello de Santiago “preste apoio e asesoramento á veciñanza afectada” polos cortes do subministro eléctrico
.@rubencela, de @obloque: "Está ben que Fenosa pida disculpas pero teñen que indemnizar e correxir os problemas" https://t.co/YuGBE8IPYu … pic.twitter.com/IQrbVmLBsB
— Nós Televisión (@NosTelevision) 08 febreiro 2017