O BNG denunciou en rolda de prensa o mal Estado do aparcadoiro e accesos ao Hospital de Conxo que levan anos esquecidos pola administración. O voceiro municipal desta formación, Rubén Cela, lembrou que non é a primeira vez que se interesan pola situación dos centros hospitalarios da cidade.
Rubén Cela insistiu en que non se esqueza o centro hospitalario de Conxo cando se realicen obras no Clínico e apuntou a necesidade de realizar unha revisión do Plan de Mobilidade que se basee nun modelo conxunto entre ambas infraestructuras.