Home Programas Espazo Aberto O BNG encara as municipais de 2019 cun proxecto “sólido” e “coherente”

O BNG encara as municipais de 2019 cun proxecto “sólido” e “coherente”

0
O BNG encara as municipais de 2019 cun proxecto “sólido” e “coherente”

Queda menos dun ano para que se celebren as vindeiras eleccións municipais e o BNG xa comeza artellar a súa estratexia. A formación nacionalista celebrou este mércores un encontro entre a voceira nacional, Ana Pontón, e os principais alcaldes, alcaldesas e representantes municipais do partido. O obxectivo do Bloque é “fortalecer as candidaturas” cun discurso “sólido”, “coherente” e cun proxecto de “realidade transformadora”.

Así as cousas, a formación nacionalista considera “prioritario” obter bos resultados nas eleccións municipais como primeiro paso para lograr unha mudanza no Goberno da Xunta de Galicia de cara aos comicios de 2020. No curto prazo, o reto do Bloque é manter as actuais alcaldías e “gañar” novos concellos.

Moción de censura a Rajoy

Un dos asuntos que copa tamén a actualidade do BNG é a moción de censura que se debate esta semana no Congreso dos Deputados. Pontón insta ao PSOE a “dialogar” con tódalas forzas da oposición para rematar co Goberno de Mariano Rajoy por unha cuestión de “hixiene democrática”.