Nesta semana post electoral o BNG avalía os resultados do 26M e o escenario político actual. Rubén Cela, director de campaña, salienta tres puntos: hai un “escenario aberto”, “farase unha valoración caso por caso” e “calquera acordo eventual entre o BNG e outras forzas políticas só se levará a cabo se pode poñer en práctica a política transformadora do partido”. Sobre este último punto Cela explica que o BNG “non entrará en ningún concello a gobernar por gobernar”.
Dende o Bloque Nacionalista Galego tamén teñen claro outro obxectivo: “o BNG pactará onde sexa imprescindible o seu apoio para impedir que goberne o PP, no resto dos casos estudarase cada situación de maneira illada”.