Home Programas Área Compostela O BNG denunciará en Europa as irregularidades do vertedoiro de Miramontes

O BNG denunciará en Europa as irregularidades do vertedoiro de Miramontes

0
O BNG denunciará en Europa as irregularidades do vertedoiro de Miramontes

O Bloque Nacionalista galego anunciou unha batería de propostas no Pleno Municipal do Concello de Santiago, no Parlamento Galego e no propio Parlamento Europeo polo que consideran irregularidades no vertedoiro de Miramontes. Rubén Cela, o vocerio do BNG no concello, explicou que o Bloque reclama solucións para as problemáticas que afectan á veciñanza da parroquia de Grixoa.

“No vertedoiro de Grixoa deposítanse residuos sen tratar que poden incumprir a normativa”

En Raxoi estiveron esta mañá denunciando as posibles irregularidades o voceiro local do Bloque, Rubén Cela xunto con Xosé Luís Rivas, deputado do BNG e a voceira desta oranización en Europa, Ana Miranda.

A organización nacionalista reclama solucións para as problemáticas que afectan á veciñanza da parroquia de Grixoa. Ana Miranda resaltou que hai evidencias de que o tratamento de residuos está a ser irregular. Tamén explicou que hai evidencias de que non se están separando residuos perigosos dos non perigosos.

“É un tema de País: precisamos dun modelo de tratamentos de residuos alternativo

Ademais, o BNG tamén reivindicou un modelo de tratamento de residuos alternativo para o Concello de Santiago. Desde o BNG local, anuncian unha campaña de sensibilización social dos “efectos perversos” que ten o actual modelo vixente.