Home Programas Espazo Aberto O BNG denuncia que os Fondos de Cohesión da UE “esquecen” Galiza

O BNG denuncia que os Fondos de Cohesión da UE “esquecen” Galiza

0
O BNG denuncia que os Fondos de Cohesión da UE “esquecen” Galiza
TOPSHOT - European Commission s President Jean-Claude Juncker delivers a speech as he makes his State of the Union address to the European Parliament in Strasbourg eastern France on September 14 2016 AFP PHOTO FREDERICK FLORIN

O pasado 29 de maio, a Comisión Europea presentou a súa proposta para os Fondos de Cohesión do período 2021-2027, unhas contas que, segundo a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, prexudican os intereses de Galiza. Nesta proposta non se teñen en conta criterios “clave” para o país como a despoboación, a emigración ou o envellecemento da sociedade galega.

O carácter centralizador

Unha das cuestións que máis preocupa ao BNG é o carácter “centralizador” destes orzamentos, xa que a súa distribución será competencia do Estado. Miranda insta a Nadia Calviño, actual ministra de Economía e unha das deseñadoras destes orzamentos, a que permita a Galiza xestionar os seus fondos para beneficio da cidadanía.

Drástica diminución

Asemade, dende o Bloque considérase un grande agravio para o país a considerábel diminución das achegas económicas procedentes destes fondos, xa que pasarán de 70.000 millóns de euros a 21.000 millóns neste novo período. Ana Miranda anuncia que presentará en Europa as “propostas necesarias” para que Galiza non fique nunha situación de desvantaxe.