O BNG denuncia as irregularidades do vertedoiro de Grixoa nun acto no Obradoiro

© BNG de Santiago

Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente o BNG denunciou na Praza do Obradoiro a situación do vertedoiro de Grixoa, na canteira de Miramontes; poucos días despois de anunciar unha campaña de protesta polas posibles irregularidades deste vertedoiro. Varias persoas con fotografías da instalación e membros da Plataforma de Afectados polo vertedoiro participaron na protesta. O voceiro municipal do BNG resumiu aos medios como se chegou a esta situación.

- Publicidade -

Rubén Cela:  “Temos un problema descoñecido para a veciñanza que está a tan só 7 quilómetros desta praza do Obradoiro”

“Non somos importantes, non somos ningún poder económico pero queremos vivir con dignidade”

A Plataforma de afectados reivindica o dereito a poder vivir no rural dignamente e que as súas demandas teñan resposta malia non ser un núcleo grande de poboación. Marisa López, da Plataforma de afectados, participou no acto e deu conta das consecuencias negativas deste vetedoiro para a veciñanza da zona.

O BNG denuncia que agora este vertedoiro recibe refugallos “dende Sogama a Nostián e mesmo temos noticia de residuos que veñen de fóra de Galiza e se incumpre un principio básico de tratamento no lugar máis próximo a onde se xeneran”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego