O voceiro do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, e a deputada do Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, xunto concelleiros e concelleiras nacionalistas da cidade, visitaron o barrio da Tinería, onde demandaron máis atención para a rehabilitación deste barrio por parte da Xunta. O BNG pedirá a no Parlamento que continúen coa rehabilitación do Pazo de Dona Urraca, ademáis das excavacións arqueolóxicas da Unidade de Intervención UI-7, onde se atoparon fornos.

Olalla Rodil lembrou que dende que Feijóo chegou á Xunta hai 10 anos, o proxecto iniciado polo BNG foi completamente abandonado, sinalando “a falta do compromiso do goberno do PP na Xunta con Lugo, e dun proxecto político serio para o barrio da Tinería, que se pode converter nun motor económico para a cidade”.

“Dende o concello estamos a traballar para traer turismo a Lugo, mais vemos como a Xunta está a impedírnolo co seu abandono deste barrio” indicou Rubén Arroxo, quen engadiu, “dende o BNG seguiremos traballando para recuperar o proxecto de rehabilitación e rehabitación iniciado no bipartito”.

- Publicidade -