Home Programas Área Compostela O BNG de Santiago insta o Goberno municipal a fomentar o uso do Coche eléctrico na cidade

O BNG de Santiago insta o Goberno municipal a fomentar o uso do Coche eléctrico na cidade

0
O BNG de Santiago insta o Goberno municipal a fomentar o uso do Coche eléctrico na cidade

O portavoz municipal do Bng de Santiago, Rubén Cela, criticou o Goberno de Compostela Aberta a súa carencia no relativo o fomento do uso do Coche Eléctrico na cidade. Para Cela, Santiago estáse a quedar atrás con respecto a outras cidades.

Cela enomerou as ventaxas do uso do Coche eléctrico. Asegura que son máis sostibeis, con menor impacto ambiental e acústico, ademías do baixo custo do seu mantemento e de combustíbel. Como dato sinalou que un coche eléctrico consume 2 Euros cada 100 Kilómetros, en contraposición os 10 euros de un de gasolina.

O BNG trasladará unha batería de medidas ao Pleno para apostar por estes vehículos máis sostíbeis e eficientes

O voceiro do BNG cré que debe existir unha planificación a corto e medio prazo para fomentar o uso destes vehículos. Así insta o goberno a facer un esforzo na flota de vehículos municipais ou a creación dunha rede de carga pública en puntos estratéxicos da cidade.