Home Programas Espazo Aberto O BNG critica unha Lei de Dependencia “insuficiente, desigual e de baixo custo”

O BNG critica unha Lei de Dependencia “insuficiente, desigual e de baixo custo”

0
O BNG critica unha Lei de Dependencia “insuficiente, desigual e de baixo custo”

Para que a Lei de Dependencia sexa eficaz en Galiza, é preciso reformulala dende unha perspectiva social e de xénero. Isto é o que demanda o BNG, que considera que a normativa actual non atende as necesidades dun país “envellecido” no que “unha de cada catro persoas ten máis de 65 anos”.

Pontón insta ao Goberno central a “devolver” os 186 millóns de euros que prometera en materia de dependencia

Propostas

Para a voceira do Bloque, Ana Pontón, a actual lei é “insuficiente, desigual e de baixo custo”. Pontón apunta que o feito de que sexan as mulleres quen se ocupen xeralmente destes coidados é unha “discriminación de xénero”. Reformar a Lei de Dependencia é un dos piares da Axenda Galega 2020 do BNG e, para mellorar esta situación, a formación nacionalista reclama ao Goberno central que “devolva” os 186 millóns de euros que prometera para dependencia.

Así e todo, Pontón denuncia que hai en Galiza máis de 22.000 persoas que teñen recoñecida a dependencia pero “non reciben ningunha prestación”, o cal supón o 30% das e dos afectados. Isto evidencia, para a formación nacionalista, o “cutre despregue” das axudas en materia de dependencia.