O BNG critica o “cambio de discurso” de Feijóo no tocante ao AVE

Pontón advirte tamén a Gonzalo Caballero de que non "facilite o camiño" ao Estado para anunciar un "novo retraso" desta infraestrutura

O cambio de goberno na Moncloa non provoca ningunha mudanza no plan de actuación do BNG, que seguirá a esixir a Fomento a chegada do AVE a Galicia o antes posíbel. A voceira do partido, Ana Pontón, lamenta o “cambio de discurso” do presidente Núñez Feijóo a respecto desta cuestión, xa que agora “énchese a boca” dicindo que non permitirá ningún retraso despois de “dez anos permitindo discriminación tras discriminación”.

- Publicidade -

Advertencia ao PSdeG

Con todo, Pontón advirte tamén a Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE, que o BNG non permitirá ao grupo socialista “facilitar o camiño” para que o Goberno do Estado anuncie novos retrasos do AVE. Asemade, dende o Bloque reiteran a aplicación dunha “axenda galega” que aborde as principais problemáticas do país.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego