O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, pensa que a modificación da relación de postos de traballo que propón o Goberno municipal é “insuficiente” e que “chega tarde”. Asegurouno en rolda de prensa diante dos medios de comunicación no Pazo de Raxoi.
Rubén Cela opina que o Goberno local debería ter unha relación máis fluída co persoal municipal para que poidan ofrecer un mellor labor de xestión á veciñanza
O voceiro do BNG considerou positiva a creación dun órgano administrativo responsable da asistencia xurídica ao Alcalde mais discrepou doutras modificacións como a de crear unha macro-área que incúa deportes, cultura, festas, educación, centros socioculturais, relacións veciñais e xuventude.