Rubén Cela e Goretti Sanmartín, concelleiros do BNG en Santiago, anunciaron en rolda de prensa no Pazo de Raxoi que a súa formación apoiará os orzamentos que presentará o goberno local de Compostela Aberta no Pleno Extraordinario do vindeiro sábado.
“As chaves do BNG na negociación”
Goretti Sanmartín explicou os temas que o BNG introduciu na negociación dos orzamentos municipais de 2007.
Sanmartín explicou que unha das propostas do BNG que formará parte destes orzamentos é un Plan de Emprego Xuvenil que incorpora unha partida de 350.000 euros.
“Non son os orzamentos do BNG, mais o BNG vai apoialos por responsabilidade” Rubén Cela, BNG
.@rubencela anuncia o voto favorable do @bngcompostela aos Orzamentos municipais https://t.co/C3D7Wpw4a6 "Cuestión de responsabilidade" pic.twitter.com/wicG6VKwEG
— Nós Televisión (@NosTelevision) 13 febreiro 2017
O BNG de Compostela dará a coñecer o proceso de diálogo e os proxectos aprobados á toda a veciñanza da cidade nun acto aberto o vindeiro martes 14 de febreiro ás 20 horas no Centro Sociocultural de Fontiñas.