O BNG agarda resultados concretos sobre a EDAR da entrevista de Noriega en Madrid

Rubén Cela apoia a decisión de Compostela Aberta mais critica que se “perdeu dous anos valiosísimos”

O concelleiro do BNG en Compostelo, Rubén Cela, compareceu hoxe en rolda de prensa para manifestar que, na súa opinión, a reunión que terá lugar mañá en Madrid o alcalde de Santiago co Ministerio de Medio Ambiente debería rematar con resultados concretos para o futuro da Edar da Silvouta.

A decisión de Compostela Aberta é correcta mais extemporánea porque perdeu dous anos valiosísimos

Cela aprobou a decisión de Compostela Aberta mais criticou que se tardara tanto en resolver un problema que considera “urxente”.

Antes de 2023

O concelleiro do BNG asegurou que esta instalación “cómpre rematala antes de 2023 para non perder os fondos europeos que deberan financiar o 60% dunha infraestrutura que é moi custosa”. Malia sinalar que “non hai risco de multa cada mes proseguen as verteduras ao río Sar e se incrementa a contaminación ambiental”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego