O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela leva sen contrato en vigor dende o paso mes de decembro e, segundo o BNG, cun modelo de contratación “improcedente”. A licitación prevista para o 2018 exclúe unha partida específica para desenvolver un proxecto de educación ambiental, e o BNG considera “insuficiente” a partida de 21.000 euros destinada polo Concello para que o CIAC preste os seus servizos.
O BNG reclama que se mellore o prego do Centro de Interpretación Ambiental
A formación nacionalista esixe que se amplíe o orzamento do Centro até os 50.000 euros para garantir con “criterios de profesionalidade e calidade” a boa prestación dun servizo que conta con milleiros de visitas cada ano.
Súmase á longa listaxe de servizos públicos municipal sen contrato
Asemade, Rubén Cela esixiu ó Concello que paralice a licitación “de xeito inmediato” e a adxudique de novo, após facer unha “fonda avaliación crítica” do traballo feito polo de agora.
Con todo, o BNG pide que non se paralice a actividade do CIAC durante este tempo, xa que, considera “debe seguir prestando os seus servizos á cidadanía”.