Home Programas Área Compostela O BNG advirte que explorar unha “terceira vía” para a depuradora provocaría a perda das axudas europeas

O BNG advirte que explorar unha “terceira vía” para a depuradora provocaría a perda das axudas europeas

0
O BNG advirte que explorar unha “terceira vía” para a depuradora provocaría a perda das axudas europeas

A ubicación da nova depuradora para a comarca de Santiago volve estar no punto de mira. O goberno municipal non descarta unha “terceira vía” alén das opcións do Souto e A Silvouta. Porén, o BNG asegura que “non hai tempo material” para buscar outra alternativa dado que, nese caso, o Concello perdería os fondos europeos para o proxecto. As achegas da Unión Europea expirarían en 2023 no caso de non ter rematada a construción da infraestrutura.

PP antes e Compostela Aberta agora están poñendo en perigo a nova depuradora

Noriega pide tranquilidade

Pola súa banda, o alcalde, Martiño Noriega, pediu “tranquilidade” ós grupos da oposición salientando que o único que precisa son “dúas ou tres semanas” para estudar a viabilidade da ubicación da depuradora no Souto e das demais alternativas. Noriega lembra que este proxecto non conta con tódalas garantías xurídicas, polo que prefire avaliar outras opcións antes de tomar a decisión definitiva.

No caso de atopar unha solución e cumprirse as previsións establecidas, o Concello aportaría o 20% do custe total da depuradora, a Xunta de Galicia a mesma contía e o Estado subvencionaría, cos devanditos fondos europeos, o 60% restante, que supón preto de 40 millóns de euros.