O BNG avanzou este venres o seu voto en contra do teito de gasto aprobado polo Goberno galego por considerar que é un anticipio das contas “continuistas” de Alberto Núñez Feijóo. A deputada nacionalista, Noa Presas, criticou un marco financieiro que ve “obsoleto” e lamenta que o presidente da Xunta vete un concerto económico que chegaría a Galicia, segundo o BNG, 3.500 millóns de euros adicionais.

- Publicidade -

“Imos votar en contra deste teito de gasto porque amosa un continuismo nas cifras que prognostica tamén un continuísmo nas políticas fracasadas, coas que nin se recuperará o emprego nin se sairá desta crise industrial, nin se blindarán os servizos públicos”, salientou a portavoz parlamentaria de Economía. “Estamos nun marco obsoleto e deben asumir que é necesario dar un paso máis no sistema de financiamento cara un concerto económico”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego