O Bloque mete présa no proceso de municipalización da ORA

O alcalde recoñece que os prazos se están "dilatando", mais asegura que o Goberno local está a facer "todo o posible" para efectuar o proceso

Dous meses despois de que o Pleno aprobase a municipalización dos servizos da ORA e o guindastre, o proceso aínda non se efectuou e a empresa concesionaria, Setex Aparki, segue a prestar o servizo cun contrato anulado pola Xustiza en 2016. Esta situación foi denunciada hoxe polo BNG, que pide ao grupo de Goberno “explicacións” pola demora.

Noriega afirma que existe “falta de colaboración” por parte da empresa concesionaria

Pola súa banda, o alcalde deféndese das críticas da oposición alegando que está a facer “todo o posible” para que o proceso saia adiante cando antes. Noriega asegura que o proceso “non é doado” debido á “falta de colaboración” da concesionaria. A comezos de maio, a Xunta de Goberno xa aprobara a liquidación do contrato con Setex, cuxa resolución estima que a empresa deberá indemnizar ao Concello por “danos e perdas” unha vez se efectúe a municipalización do servizo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -