Home Programas Área Compostela O Bloque denuncia que o sistema de seguridade ferroviaria segue sen estar operativo catro anos despois do sinistro de Angrois

O Bloque denuncia que o sistema de seguridade ferroviaria segue sen estar operativo catro anos despois do sinistro de Angrois

0
O Bloque denuncia que o sistema de seguridade ferroviaria segue sen estar operativo catro anos despois do sinistro de Angrois

A concelleira do BNG Goretti Sanmartín presentou hoxe no Pazo de Raxoi unha iniciativa que defenderá no vindeiro pleno, destinada a esixirlles ao Ministerio de fomento, ADIF e Renfe que se executen os compromisos adquiridos para mellorar a seguranza ferroviaria coa activación do sistema ERTMS que segue sen estar operativo.

as vítimas reclaman que se faga memoria e xustiza

A concelleira nacionalista tamén sinalou que existe unha “clara discriminación no caso galego” ao respecto a outros lugares do Estado no que respecta as medidas de seguranza ferroviariais.

Mobilización da Plataforma de Vítimas: 24 de xullo ás 11:00 na estación ferroviaria

Ademais, Goretti destacou que “as vítimas reclaman que se faga memoria e xustiza”, por iso espera que o Concello de Santiago apoie a convocatoria de manifestación da Plataforma de Vítimas do Tren Alvia que sairá o 24 de xullo ás 11:00 da estación ferroviaria e rematará na Praza do Obradoiro para reivindicar a creación das comisións de investigación técnica e parlamentar.