Home Programas Espazo Aberto O berro de MINA NON desborda Touro

O berro de MINA NON desborda Touro

0
O berro de MINA NON desborda Touro

Unha mina abandonada hai 30 anos sen que a lei actuase nin antes nin agora. Unha balsa desbordada sen que a lei actúe. Vertidos e drenaxe áceda contínua sen que a lei actúe. Un entramado empresarial de dubidoso prestixio. Un proxecto cheo de carencias e deficiencias inasumibles. Un perigo con consecuencias irreversibles para o medioambiente e os tecidos económicos dos Concellos de Touro e O Pino e da ría máis produtiva da nosa economía, a Ría de Arousa.

É o currículo en torno a un proxecto fondamente criticado dende os entes sociais, económicos e científicos da comunidade galega mentras a Xunta de Galicia apela a unha “legalidade” que Touro e O Pino nunca coñeceron.