Home Programas Área Compostela O barrio de Conxo recupera a normalidade tras a festa do Banquete

O barrio de Conxo recupera a normalidade tras a festa do Banquete

0
O barrio de Conxo recupera a normalidade tras a festa do Banquete

O barrio de Conxo vai recuperando a normalidade despois da festa rachada desta fin de semana na que se celebrou o histórico Banquete. A veciñanza do antigo Concello de Conxo, dos barrios do Castiñeiriño, Pontepedriña, A Rocha, Santa Marta e do propio Conxo, pecharon unha das edicións máis exitosas do Banquete. O bo tempo, a teatralización do Banquete, os obradoiros, as charlas que deron a posibilidade de presentar diversos proxectos xunto a troula contribuíron ao éxito da celebración.

O Banquete de Conxo conmemora o que se celebrou o 2 de marzo de 1856, día no que universitarios lle serviron a comida aos obreiros converténdose en símbolo da alianza entre o estudantado e a clase traballadora. Sábese que ao banquete asistiron personalidades como Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal e especúlase da presenza de Rosalái de Castro.