O Santander anunciou na primeira xuntanza de negociación do ERE a súa intención de pechar 135 oficinas das 401 existentes e de destruír 271 postos de traballo, denuncia denuncia nun comunicado o sindicato CIG. A central denuncia a porcentaxe da destrucción de emprego que cifra no 14%, “é superior á media estatal, estimada no 12%”. A próxima reunión está fixada para o día 28 de maio.
Na xuntanza a empresa fixo entrega da documentación xustificativa do proceso e a súa proposta de redución de persoal e oficinas, que afecta a toda a rede comercial, incluída Oficina Directa en Galicia. A data prevista de finalización do ERE é o 31 de marzo de 2020, aínda que a maior parte das medidas estarán aplicadas a 31 de decembro deste ano.
Segundo explica a sección sindical, a pesar d”o famoso Protocolo de fusión” asinado en novembro de 2018, que se presentou como garante do emprego e de medidas non traumáticas, e que a CIG non asinou por entender que “era unha mera declaración de intencións e non garantía nada”, o Banco “xa amosa de inicio as súas intencións, reservándose o dereito de aceptar ou non a adscrición voluntaria ao expediente en función das súas necesidades, ao tempo que establece criterios de adscrición non voluntaria, é dicir: despedimentos”.