
30 anos despois da súa apertura, o Auditorio de Galicia renova a sala Ángel Brague segundo o plan director redactado polo Consorcio. Finalmente, a inversión total foi de 272.957,40 €.
As reformas céntranse arredor das butacas, que agora son moito máis cómodas. Aínda que sen dúbida, o máis chamativo é o cambio nas instalacións de usuarios de cadeiras de rodas. Por unha banda, mellorouse a accesibilidade e o espazo reservado agora esta no centro da sala nunha zona con moi boa visibilidade, non como antes que o único sitio dispoñible era no fondo. Ademáis, conta con butacas adaptadas de posamáns retraíble para facilitar o seu uso.

Tamén se adaptaron as medidas de seguridade, que cambiaron nas útlimas tres décadas, e os materiais empregados respetan a acústica. Aproveitouse, asemada, para reformar elementos auxiliares, moqueta e luces, agora de baixo consumo.