O Auditorio de Galicia acollerá dúas charlas de Agamus sobre o uso da musicoterapia. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou hoxe as Xornadas de Portas Abertas que organiza a Asociación Galega de Musicoterapia dende o 15 e maio ata o 15 de xuño.
O Auditorio de Galicia acollerá dúas charlas sobre o uso da musicoterapia https://t.co/oedvBpq7GJ pic.twitter.com/QGoRRRABqg
— Nós Televisión (@NosTelevision) 9 de junio de 2017
As Xornadas organízanse para darlle visibilidade ao traballo da entidade e compartir espazo con diferentes profesionais relacionados coa saúde, a educación e o pensamento. As intervencións son voluntarias e cada profesional pode amosar o traballo que está facendo, os proxectos que está a punto de materializar ou as ideas que xorden.
Agamus é unha asociación sen ánimo de lucro. Os gastos que ocasionan as xornadas son sufragados exclusivamente pola mesma e Casa Baubo. Non dispón de fondos económicos, ofrece tratamentos gratuítos de musicoterapia a pacientes dos ámbitos clínico, comunitario, educativo, sanitario e social dende o ano 2003 para persoas ou grupos que o precisen e non teñan medios económicos.