Europa recibiu hoxe ás integrantes da Plataforma veciñal contra a Mina de Touro e das asociacións ecoloxistas Cova Crea e Petón do Lobo, que forman parte á súa vez da rede Contraminacción.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As defensoras medioambientais, acompañadas da voceira nacionalista en Europa Ana Miranda, compareceron ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo onde deixaron constancia das súas reclamacións. As solicitudes constan, por un lado, dunha denuncia sobre o impacto ambiental e social que suporá o proxecto de extracción de cobre a ceo aberto que actualmente tramita a empresa Cobre San Rafael. A maiores, denuncian a falta de transparencia da Xunta de Galicia no procedemento, algo que incumpriría as normativas europeas. Como terceiro punto, as integrantes destes colectivos abordaron a  posible afectación deste proxecto empresarial a explotacións leiteiras beneficiarias da Política Agraria Común (PAC), dado que a actividade mineira afectaría aos acuíferos e as balsas que porían en risco ás granxas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -