O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, participou no Hostal dos Reis Católicos nun almorzo informativo organizado polo “Fórum Europa. Tribuna Galicia”. No seu discurso, centrado na idea dunha Europa unida nos valores do cristianismo, criticou o aumento dos populismos que foxen da relixión.
Outros asuntos
Preguntado por Nós Televisión polo cobro de entrada que están a realizar varias catedrais galegas a todas aquelas persoas que non sexan das súas respectivas dióceses Julián Barrio quixo tranquilizar aos peregrinos.
O arcebispo de Santiago explicou na mesma intervención que as entradas económicas na Catedral seguen a ser insuficientes para a súa conservación polo que non desbotou a idea de buscar outras liñas de financiamento. Julián barrio agarda que “a restauración total” da Catedral estea rematada “a finais de 2019”, con tempo para preparar o Ano Santo en 2021.