Home Espazo Aberto Cultura O Apalpador sae do Courel para visitar mañá ás crianzas de Compostela

O Apalpador sae do Courel para visitar mañá ás crianzas de Compostela

0
O Apalpador sae do Courel para visitar mañá ás crianzas de Compostela

Un ano máis, o Apalpador chega dende o Courel cargado de castañas para visitar as crianzas das demais vilas galegas. As crianzas de Compostela poderán recibilo mañá nunha ruada que organiza a Semente de Compostela co apoio do Concello que sairá ás 18 horas dende a rúa Santa Clara para percorrer o casco vello compostelá. A comitiva estará aberta polo Natarego, o grande madeiro a arder que, segundo a tradición, protexerá as nosas casas durante todo o ano.

Acompañán ao Apalpador artistas de circo da compañía N+1, a brass band As Sementeiras, o cuarteto tradicional do Pichel e as crianzas do grupo de danza da Semente que farán unha demostración ao chegar á Praza do Pan. Nesa mesma praza, o Apalpador e as súas trasnas saudarán a todas as persoas presentes dende o balcón da libraría Couceiro. As crianzas do grupo de regueifa da Semente entoarán tamén o seu particular desafío con desexos para o aninovo.