O ano comeza cun novo colapso nas Urxencias do CHUS

Os pacientes tiveron que esperar a ser atendidos durante horas en corredores e zonas de traballo.

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volve denunciar colapsos nas urxencias do hospital compostelán. O día 2 de xaneiro, unha decena de persoas tiveron que esperar durante horas nos corredores de acceso a ser atendidos en cadeiras de rodas e padiolas. Mesmo un paciente terminal, segundo denuncian, “permaneceu mais dunha hora no corredor ata pasar a sala de observación”. No momento máis crítico, os pacientes chegaron a ter que ocupar zonas de traballo mentres esperaban ser trasladados a planta.

“A pesares desta situación que atenta contra a nosa dignidade como pacientes a xerencia segue mantendo pechadas as 40 camas de medicina interna do Gil Casares e o anexo a ese edificio“, denunciaba un usuario á Asociación. “Despois de meses de folga do persoal sanitario do servizo e do aumento de medios humanos, os pacientes seguimos sendo vítimas do maltrato asistencial porque non se poñen os medios necesarios para que as camas estean dispoñibles”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Os traballadores de Urxencias do Hospital Clínico levan máis dun ano denunciando esta situación. Mentres, as listas de espera continúan a aumentar, e cada vez collen máis forza no centro hospitalario multinacionais privadas como Medtronic, algo que a propia Asociación de Pacientes leva tempo denunciando.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -