O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, respondeu esta mañá as críticas que realizou a oposición en relación aos recentes cambios na delegación de competencias.
- Máis información: Así é a reforma no goberno municipal de Santiago
Sobre as críticas do PSOE e Bloque: “Tiñan as portas abertas do Goberno. É moi fácil opinar pero máis difícil é poñerse a traballar”
Ademais, o alcalde explicou que a carga do traballo engadida á área da alcaldía era moi grande e por ese motivo cedeu algunhas das súas competencias.
.@martinhonoriega xustifica os cambios no Goberno municipal e responde á oposición. "É máis fácil criticar que poñerse a traballar" pic.twitter.com/6J5KNXm5Wp
— Nós Televisión (@NosTelevision) 26 de junio de 2017
Outras mudanzas
O venres anunciouse que as medidas correctoras que se adoptaron nas delegacións de competencias dos concelleiros irán acompañadas doutros cambios na estrutura interna do Concello. Así mesmo, tamén se anunciou previamente en relación a esta cuestión que, nos próximos meses, cubrirase a Xefatura de Servizo da Área de Centros Socioculturais, Educación e Dinamización Social, creada na última modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello.