O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse esta mañá co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. É o terceiro encontro que manteñen desde a chegada do Goberno actual á Alcaldía. Na xuntanza, Noriega pediu un pacto polas tres grandes infraestruturas pendentes na cidade: a EDAR, a estación intermodal e a ampliación da AP-9.
“Un pacto de país”
Martiño Noriega fixo fincapé na necesidade dun espazo de consenso en Compostela. Mentres, Feijoo reiterou o seu compromiso por mellorar os servizos públicos e por acadar a recuperación do emprego na cidade.
.@martinhonoriega propón un pacto polas tres infraestruturas pendentes na cidade na xuntanza con Feijóo https://t.co/2dwKAfDKRQ pic.twitter.com/ZHhfn0pr7W
— Nós Televisión (@NosTelevision) 03 marzo 2017
O modelo turístico, a debate
.@martinhonoriega Pola súa banda, @FeijooGalicia indicou que o turismo en Galicia “aínda pode crecer moito máis” https://t.co/2dwKAfDKRQ pic.twitter.com/B81huJk0GM
— Nós Televisión (@NosTelevision) 03 marzo 2017
A temática do turismo non quedou allea nesta reunión. Desde o Goberno de Santiago afírmase que é necesario un novo modelo; un convivencial. Por outra banda, Feijoo apunta que o Turismo aínda pode crecer máis na Galiza.
“A competencia da taxa turística é autonómica” @martinhonoriega amosouse satisfeito por abrir un “debate necesario” https://t.co/2dwKAfDKRQ pic.twitter.com/gywBtAs0k1
— Nós Televisión (@NosTelevision) 03 marzo 2017
Con respecto á ampliación da autoestrada AP-9, o alcalde lembrou o compromiso da Xunta por licitar o novo enlace á altura da Cidade da Cultura. Ademais, en relación á Estación de Augas Residuais, aproveitou a reunión desta mañá para agradecer a vontade de Augas de Galicia de asumir o 20% do custo da infraestrutura. O presidente da Xunta tamén amosou a súa preocupación coa situación ambiental creada en Compostela. Finalmente, falando da estación intermodal, Noriega insistiu nos pasos que se deron entre Concello, Xunta e Ministerio de Fomento para acurtar prazos na construción desta.