O Alcalde fuxe de alarmismo: “Non hai que deixarse vencer polo medo”

O Alcalde de Santiago, Martiño Noriega considera, en relación coa seguridade nestas festas, que “non hai que deixarse vencer polo medo”

Os concellos galegos están a recibir propostas por parte da Policia Nacional de manter reunións locais para mellorar a seguridade de cara a estas festas de Nadal. O alcalde de Santiago confirmou que hai convocada esa reunión en Compostela mais fuxiu de alarmismos de cara a tranquilizar á poboación.

Logo dos atentados acontecidos en Francia e Alemaña as autoridades españolas, a través da policia, queren que os municipios adopten algunhas medidas naqueles lugares onde haxa previsión dunha grande asistencia de persoas como son as zonas máis frecuentadas, mercados ou festexos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -