O Pleno do concello do Pino deste mércores estivo protagonizado pola “soberbia” do seu alcalde, Manuel Taboada (PP), que goberna con maioría absoluta. Os grupos municipais de PSdeG-PSOE e BNG formularon unha proposta para que a corporación instase á Xunta a “investigar a caducidade dos dereitos mineiros”, en relación á mina que o Goberno de Núñez Feijóo proxecta instaurar sobre esta vila e a de Touro.
A proposta foi rexeitada debido ao voto en contra do Partido Popular. Durante a sesión estiveron presentes varios representantes do colectivo Mina Touro-O Pino Non, que lamentaron a actitude do rexedor e a súa “falta de predisposición” para negociar coa Xunta as condicións do proxecto mineiro.
O noso berro é cada día máis unánime
No momento final do Pleno Municipal, activistas da Plataforma e parte da veciñanza afectada polaposible reapertura do complexo mineiro tomaron a palabra para amosar o seu enfado ante o rexeitamento dun PP que goberna con maioría absoluta no Concello de O Pino