O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no día de onte, no Pazo de Raxoi, ao alcade da localidade escocesa de Stirling, Michael Robbins, de visita por Galiza. Ao remate do encontro Robbins explicou a Nós Televisión as semellanzas que viu entre o pobo galego e o escocés.
Preguntado pola situación do pobo escocés logo do referendo en relación coas reclamacións do pobo catalán Robbins tentou ser diplomático.
A localidade de Stirling está situada na zona central de Escocia e nela tivo lugar un dos feitos históricos máis importantes da loita dese país pola súa independencia: a batalla de Stirling. Nela os escoceses, dirixidos por Wilian Wallace, derrotaron aos ingleses en 1297.