Home Programas Área Compostela O alcalde de Santiago participa no encontro global das “Cidades sen medo”

O alcalde de Santiago participa no encontro global das “Cidades sen medo”

0
O alcalde de Santiago participa no encontro global das “Cidades sen medo”

Barcelona acolle, desde hoxe, o encontro global Fearless Cities, Cidades sen medo. A cita mundial xuntará a máis de 700 representantes e haberá moreas de reflexións sobre as desigualdades e o auxe do odio e a xenofobia.

Cidades sen Medo é un encontro municipalista internacional impulsado por Bacelona en Comú e quere ser un centro de debate sobre a defensa dos dereitos humanos, a democracia e o ben común desde o ámbito local.

Martiño Noriega intervirá no acto de apertura do encontro internacional. A edil María Rozas deu conta esta mesma maña da presenza do alcalde en Barcelona e da importancia dos análises e debates que se producirán neste foro.