O alcalde de Santiago insinúa que Feijóo “obstaculiza” a nova EDAR por motivos electorais

Martiño Noriega asegurou non entender que se plantexe paralizar o proceso cando na última reunión que mantiveron anunciara o seu total apoio

O proxecto da nova deputadora na Silvouta terá que agardar á reunión solicitada por Feijóo e que está prevista para mediados do mes de decembro. Este retraso suscitou un grande malestar no goberno local e no propio alcalde.

Martiño Noriega lembrou as notas de prensa e declaracións quer do Ministerio quer da propia Xunta nas que sinalaban traballar na mesma folla de ruta para a realización na Silvouta desta importante infraestrutura. “Hai hemeroteca”, puntualizou.

O alcalde denuncia que Feijóo “obstaculiza” todo o proceso e insinúa que pode haber detrás unha “cuestión electoral”. Para o rexedor o presidente da Xunta anda con “estratexias dilatorias” e que coa petición desta reunión oo queconseguiu foi “paralizar” as xestións realizadas ata agora.

- Publicidade -