O alcalde de Ferrol carga contra o PP por recurrir a sentenza das dedicacións exclusivas

O alcalde de Ferrol pensa que o PP quere danar ao goberno co tema das dedicacións exclusivas

Ferrol vive xa o panorama preelectoral aínda que falta un ano para a cita coas urnas. A decisión do PP de votar a favor de recurrir a sentenza que anulou o acordo acadado en 2016 por Populares e socialistas sobre o reparto de dedicacións exclusivas tomado a semana pasada ten para o alcalde, Jorge Suárez, un xeito moi próximo á idea de desgastar ao goberno municipal. Explicouno en rolda de prensa.

O alcalde aproveitou para explicar que en relación á taxa da auga, outro dos temas que está a empregarse en contra do goberno de Suárez, que tentaron levar a súa proposta a Pleno varias veces sen éxito e agora sairá unha nova ordenanza que di “coincidirá” coa proposta que levaban desde o goberno.

Na mesma rolda de prensa confirmou que repetirá como candidato para a alcaldía se así o decide a asemblea da súa formación e asegurou que pensa presentarse ás primarias de Esquerda Unida.

- Publicidade -