O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, foi un dos edís convidados na Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia. Nela avalíase a experiencia acumulada dende 2006 e, especificamente, a extraordinaria vaga de lumes que vén de sufrir Galicia en outubro de 2017.
Este concello do sur de Pontevedra foi a “zona cero” da vaga de lumes do pasado ano con 1.276 incidencias constatadas , numerosas vivendas e empresas queimadas e unha grave repercusión no día a día dos seus habitantes. O alcalde relatou como viviu ese momento e as eivas que detectou na resposta da Xunta.
As Neves, a zona cero dos incendios, aínda non recibiu as axudas acordadas
A Xunta está sendo lenta
Para Xosé Manuel Rodríguez é importante o resultado desta comisión, aínda máis sabendo que o seu municipio aínda non recibiu ningunha axuda logo da catástrofe medioambiental.
Un mando único
O alcalde das Neves pediu á Comisión que se instaure un mando único nestas situacións de emerxencia, que se profesionalice o traballo de extinción de lumes, a creación dunha liña directa entre o concello e os servizos de emerxencia ademais de que a Xnta se faga cargo de realizar as franxas de protección ou achegue dotación orzamentaria aso concellos para que se fagan cargo.