“O acordo entre IU, Podemos e Equo está aberto a outras organizacións”

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, defende o pacto asinado entre os tres partidos como folla de ruta para as eleccións municipais

Durante esta semana, a militancia de Esquerda Unida está a participar en dous procesos de votación para concretar a súa estratexia de cara ás eleccións municipais de 2019.

É un acordo aberto

O primeiro, sobre as persoas que encabezarán as súas listas; o segundo, acerca do pacto de confluencia acadado en Madrid entre IU, Podemos e Equo, un acordo considerado “excluínte” por varias voces de En Marea. Porén, a coordinadora nacional de EU, Eva Solla, asegura que este é un pacto “inclusivo” e “aberto” a outras organizacións.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Que pasa coas candidaturas municipalistas galegas?

Segundo as bases deste convenio, tódalas candidaturas de “unidade popular” que se presenten nos diferentes concellos de Galicia levarán nas papeletas o nome destas tres organizacións, a excepción dos lugares con “marcas consolidadas” coma Compostela.

Con todo, a militancia de En Marea que non pertence a ningún dos partidos promotores do acordo segue a defender unha alternativa diferente. O que se propón é “disolver as siglas” e empregar a “marca En Marea” nas papeletas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -