O abandono do PP do Pleno Municipal provocou que decaeran mocións “importantes para a veciñanza”

Un "desprezo" para a veciñanza

O grupo do Partido Popular abandonou a sesión plenaria municipal na tarde de onte ao pedir o alcalde unha quenda adicional para o BNG para poder aclarar un punto da moción que a formación nacionalista viña de presentar.

- Publicidade -

Rubén Cela: “Había propostas importantes e, mesmo, viñeron veciños ao Pleno para defendelas”

Tanto o alcalde, Martiño Noriega como o voceiro do Bloque, Rubén Cela, lamentaron que a ausencia do PP provocara que ficaran sen poder tratarse temas importantes para a veciñanza.

Martiño Noriega: “Eu nunca tal vin […] foi unha reacción infantil”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego