Home Programas Área Compostela O 90% das e dos traballadores do Hostal dos RRCC secunda a folga desta semana

O 90% das e dos traballadores do Hostal dos RRCC secunda a folga desta semana

0
O 90% das e dos traballadores do Hostal dos RRCC secunda a folga desta semana

O conflito do Hostal dos Reis Católicos non terá unha solución doada. Finalmente, as e os traballadores decidiron facer folga os días 24 e 25 de xullo ante a negativa da empresa a negociar un novo convenio laboral. Álvaro García, da plataforma de empregados e empregadas, lamenta a “falta de vontade para dialogar” da entidade.

Sobre a mesa chegou a valorarse a opción de pór fin á folga a cambio de asinar o convenio “caducado” do ano 2010, mais o Hostal, segundo García, negouse a aceptar a devandita proposta. Agora a empresa vén de mudar a súa directiva, unha nova que xera certa esperanza na plantilla de traballadoras e traballadores, que, no día de hoxe, secundaron a folga cun 90% de seguimento.

Xesto do Concello

O pasado venres, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciaba que os actos institucionais polo Día do Apóstolo que acostuman a celebrarse no Hostal desenvolveríanse finalmente no Colexio de San Xerome, sede da USC. Noriega xustificaba esta decisión alegando á folga convocada polas traballadoras e traballadores do complexo.

Arquivo: “Non houbo ningún achegamento por parte do Hostal”