Home Programas Espazo Aberto “O 70% da factura da luz no ten que ver co custe da súa produción”

“O 70% da factura da luz no ten que ver co custe da súa produción”

0
“O 70% da factura da luz no ten que ver co custe da súa produción”

Pagamos unha tarifa da luz excesiva? A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), asociación privada que desde 1998 recolle e serve de canle das reivindicacións do conxunto dos usuarios e usuarias de Galicia, constata numerosas denuncias relacionadas coas compañías eléctricas e o excesivo custe para as familias deste servizo. O secretario xeral da UCGAL Miguel López Crespo afirma a Nós Televisión que a factura é cara por varios motivos e non todos son entendibles a través da propia factura que recibimos en casa.

Impostos reducidos

Para Miguel López o factor máis importante de encarecemento da factura da luz son os propios impostos. “Habería que remodelar o sector”, sinala, “agora mesmo o 70% do que pagamos na factura non ten nada que ver co custe da súa produción, son as peaxes que pagamos”. Para o Secretario Xeral de UCGAL tería que implantarse unha “tributación reducida” e pon como exemplo o propio IVE que noutros países é menor ao que temos aquí.

A súa organización de consumidores ten xestionado múltiples denuncias ás electricas e Miguel López recoñece que as propias empresas melloraron moito a resposta que dan a estas queixas. Afirma que non se realizaron por propia vontade das empresas, máis ben foi froito da presión que exerceron as propias demandas.

Un servizo fundamental

López lembra que a electricidade é “un servizo esencial” posto que “todos os fogares e as empresas dependen del, hoxe en día case todo o que temos na casa funciona con esta enerxía”.