O 30º Cineuropa premiará a traxectoria de Carlos Saura

Chega a 30ª edición de Cineuropa, do 8 ao 27 de novembro!

Cineuropa chega á súa 30º edición cunha programación especial, máis de 200 filmes e varios premios entre os que salienta o especial que recoñecerá a traxectoria do director Carlos Saura. O festival compostelán presentouse no Pazo de Raxoi nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde da cidade, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director de AGADIC; Jacobo Sutil; e o director do festival, José María Prado. O alcalde lembrou que Cineuropa ten un oco na memoria popular da cidade.

Preme na imaxe para baixar o programa provisional

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Toda a programación estará a disposición do público na web Cineuropa.gal.

Nesta edición o aniversario marcará unha programación especial na que terán cabida películas con debate.

O Festival Cineuropa terá lugar este ano entre o 8 e o 27 de novembro con 30 filmes na sección oficial ademais doutras seccións como o Panorama Internacional, Docs Cineuropa ou Docs Music, entre outras. As entradas mantéñense ao prezo de 4 euros cun desconto nos abonos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -