O galego reivindícase todo o ano mais hai un día significativo no que colectivos e persoas que entenden que hai que defender o noso idioma concentran as súas forzas: é o 17 de maio.
Sara e Anxo, en galego día a día
Con esta enerxía Sara e Anxo envían este vídeo desde Augasantas para animarnos a falar #EnGalegoDíaADía
Publicada por Queremos Galego! en Martes, 15 de mayo de 2018
Este ano a Plataforma Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, realizou un chamamento nas vilas e cidades para acudir a Compostela á manifestación que este ano terá como lema “En galego día a día”. Ademais pon a disposición das persoas interesadas buses para asistir desde 20 localidades do país e habilitou na súa web a información dos seus horarios.
Marta Dacosta, en galego día a día
Marta Dacosta comenta como é galegofalante desde hai anos, cóntanos como lle presta falar en galego desde entón, mais tamén quere un goberno da Xunta comprometido coa lingua #EnGalegoDíaADía
Publicada por Queremos Galego! en Lunes, 14 de mayo de 2018
Como parte do chamamento á participación realizou unha serie de videos onde persoas do mundo da cultura e a sociedade animaban a asistir á manifestación que sairá desde a Alameda compostelá a partir das 12h.
A manifestación rematará na praza da Quintana onde Nieves Rodríguez, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galiza, conducirá o acto final. Haberá a lectura do manifesto “En galego día a día” por persoas destacadas e actuarán Franki e os labregos da linguaxe co rap “Rapea, que a lingua non para” que é o manifesto gañador do Correlingua 2018.
María Canosa, en galego día a día
María Canosa di que é imprescindíbel ser un mesmo, sexamos nós mesmas #EnGalegoDíaADía
Publicada por Queremos Galego! en Miércoles, 16 de mayo de 2018
Diminución de falantes
A plataforma cidadá criticou publicamente nos últimos días a actitude da Xunta diante do perigoso dato de perda de falantes. Marcos Maceira, voceiro de Queremos Galego, asegurou que “en Galiza é o propio goberno galego, co presidente Feijóo á cabeza, quen actúa como un vulgar delegado do goberno español, renegando das funcións que lle dá o estatuto de autonomía e da alta representación de Galiza que debería exercer”.
Isabel Risco, en galego día a día
Que di Isabel Risco que o 17 de maio temos festa rachada!! a festa da lingua patrimonio dos galegos e galegas. #EnGalegoDíaADía
Publicada por Queremos Galego! en Martes, 15 de mayo de 2018
Marcos Maceira tamén indicou que “son miles as persoas que demandan mudanzas que garantan a presenza da lingua propia de Galiza en todo e para todo”.