Nuñez Seixas reúne nun libro traballos sobre a Galiza ideal da emigración

O historiador e membro do Consello da Cultura Galega, Xosé Manuel Núñez Seixas, presentou na biblioteca desa institución o libro “O soño dunha Galiza ideal”. No acto foi presentado polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e polo seu editor, Victor Freixanes. A publicación reúne traballos que publicou entre 2001 e 2015.

Neste libro Núñez Seixas analiza as dimensións sociopolíticas e culturais da emigración galega e o exilio en América mais tamén fala da presenza galega en Europa.

A presentación rematou cunha quenda de preguntas que xerou un diálogo sobre se aínda existe ou non emigración galega. O presidente do Consello da Cultura galega afirmou que agora non hai emigración no noso país, o que existe é unha “movilidade xeográfica”.
Núñez Seixas agradeceu o apoio do Consello da Cultura Galega para a realización destes traballos e asegurou que con esta obra pechaba o seu ciclo de investigación sobre a emigración.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego