O alcalde de Santiago, Martiño Noriega , anunciou hoxe na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que veñen de aprobar a proposta da concelleira delegada de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, sobre o gasto total en material escolar, bolsas comedor e actividades extraescolares para o Curso 2017-2017.
Outros temas da Xunta de Goberno Local
Na mesma rolda de prensa o alcalde anunciou que a Xunta de Goberno tamén aprobou o contrato da empresa adxudicataria este ano para a colocación das iluminación de Nadal. O orzamento deste ano é similar ao do ano anterior e haberá un incremento do número de elementos luminosos a instalar. A iluminación de Nadal funcionará desde as seis da tarde ata as dúas da madrugada, agás nos días 24, 25 e 31 de decembro e 5 de xaneiro, nos estará acendida desde as seis da tarde ata o amencer.