Novos convenios do Concello para atallar o problema das persoas sen fogar

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asinou dous novos convenios de colaboración con entidades sociais que ascenden a 135.000 euros. Neste caso os acordos son coa Cruz Vermella e a Federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental de Galiza e teñen como obxectivo atender ás persoas sen fogar de Santiago.
 
No caso de Cruz Vermella, o convenio ascende a 75.000 euros e apoiará o Proxecto de equipo de intervención con colectivos en situación de exclusión severa. Pola outra banda, no caso de FEAFES o importe é de 60.000 euros e trata da atención a persoas con enfermidade mental crónica e persoas sen fogar ou en grave risco de exclusión social.

- Publicidade -

O proxecto de atención ás persoas en grave risco de exclusión social, o convenio con Cruz Vermella inclúe tamén un servizo de teleasistencia domiciliaria, que por medio da liña telefónica e cun equipamento de comunicacións e informática específico, permite aos/ás usuarios/as pedir axuda diante dunha situación de emerxencia as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego