
Lonxe de evitar a polémica, Luciano Méndez continúa cos seus vídeos nas redes sociais e achega un novo vídeo como resposta ante todas as críticas recibidas na tarde de onte. “Hai xente que só sabe insultar” indica o profesor e ataca contra a “manada social” que, segundo el indica, quere crucificalo
Vídeo: O repulsivo Luciano Méndez pide a absolución dos 5 da Manada nun vídeo publicado por el mesmo
Méndez deféndese e indica que as súas opinións son privadas e que nada ten que ver coas súas labores como docente. Malia todo, o profesor universitario acumula xa unha sanción por parte da Universidade e morea de denuncias do estudantado.
Publicada por Luciano Méndez Naya en Jueves, 10 de mayo de 2018
Comunicado da USC
A USC emitiu hoxe mesmo un comunicado para condenar a declaracións de Luciano Méndez e anuncia que está estudando as medidas a tomar.